send link to app

Encamiñadas


4.6 ( 1856 ratings )
Jogos Entretenimento Aventura Estratégia
Developer: Cleventy
Livre

No Vaticano non son parvos. Teñen claro que a xente é cada vez máis lacazá e precigueira. Amigos das paparotas e enemigos das camiñatas, somos capaces de rolar ata a cociña para comer un bo chourizo antes de pornos en pe e dar dous pasos.

O Camiño Portugués de Santiago é un percorrido precioso, cada vez máis frecuentado por peregrinos, que ten parada obrigatoria na cidade. Pero para ti, tolo ou tola da comida, o Vaticano preparou unha peregrinaxe que porá a proba o teu paladar se queres gañar a Compostela Gastronómica.

Benvid@s a Encamiñad@s!

Como participar?
Convírtete nun peregrino gastronómico e percorre unha selección dos mellores locais da cidade agrupados en 10 etapas, cada unha ca súa cor.

Visita un local de cada cor
Pide o que máis te apeteza
Resolve o reto que prepararon os bispos
Consegue a acreditación da etapa
Obten puntos para o ranking Encamiñad@s
E descubre pistas para resolver o reto final

Si! Pistas para resolver o reto final! Ou pensabas que ía ser tan fácil?

O Vaticano quere asegurarse de que te mergullas na hostelería da cidade así que se queres obter a Compostela Gastronómica terás que prestar atención. Un bispo está agochado nalgún lugar secreto e únicamente entregará o premio a quen saiba resolver o seu acertixo.